f   o   n   o   s   2   1
                saxofóns + electrónica
N A S A
Santiago de Compostela
Mércores 11 de maio, 21h
Teatro ENSALLE
Vigo
Venres 8 e sábado 9 de abril, 22:30h
Maknongan saxofón barítono -G. Scelsi
Shift II saxofón barítono e electrónica - J.B. Schilingi
MIXTION saxofón tenor e electrónica - P. Jodlowski
Beat Me saxofón tenor - B. Cockroft
Diálogo improvisación saxofón e electrónica
l'humiliation Vídeo Instalación Gonzalo P. del Castillo
Paulo Raposo. Lisboa

Estudiou cine e filosofía. Dende 1990, desenrola unha actividade constante nas áreas do son/música e  arte multimedia, con incidencia no uso das novas tecnoloxías da imaxe e na concepción e programación de software interactivo para performances en tempo real.
Fundador en 1991 do proxecto de busca sonora Vitriol, emprende, mediante o uso de tecnoloxía dixital en laboratorio ou en tempo real, a construcción de espacios sonoros e visuais orgánicos a partir de obxectos, espacios arquitectónicos e "field-recordings", sublimando un xogo continuo entre
abstracción e materia.
En 1996, Paulo Raposo gana a Beca Ernesto de Sousa co proxecto multimedia Rizomas (beca concedida pola Fundación Luso-Americana para o Desenrolo e pola Fundación Calouste Gulbenkian) sendo residente no Rensaessler Polytechnic Institute, Troy, New York State, e presenta ao público a obra na Experimental Intermedia Foundation de New York.
Colabora con artistas internacionais como Atau Tanaka, Zbigniew Karkowski, Kaffe Mathews, Ben Manley, Matt Rogalski, Harald Baush, Maurizio Mortusciello, Koji Asano y Jason Khan, entre outros. Dende 2000  colabora especialmente co videoartista e programador  Jeremy Bernstein. A sua obra "rizoma nocturno" foi seleccionada polo "Synthése - Festival de música de Bourges" en 2000. En Berlin participa no evento "Xenakis-Remix", homenaxe ao importante músico e arquitecto, organizado por "Podewil". En 2001, funda a editora "Sirr". En 2002, crea o ensemble (des)integração, colectivo de laptops.


Pedro Rebelo. Viseu, Portugal.

Pedro é un compositor/artista digital que desenvolve o seu traballo na música electroacústica, medios dixitais, instalación e música improvisada

O seu traballo está caracterizado pola pesquisa interdisciplinar. Ten colaborado en diversos proxectos con artistas plásticos, sendo un dos temas centrais da súa investigación a relación entre a arquitectura e a música, o que ten motivado a creación de instalacións e obras interactivas. O seu catálogo inclúe unha serie de encomendas de obras para solistas e electrónica en tempo real, que ten como base a interpretación de espacios acústicos específicos. No contexto do dúo "l a u t" coa saxofonista Franziska Schroeder, adícase á improvisación e á interpretación de obras con electrónica e multimedia tendo desenvolvido interfaces de control  para "performances" interactivas.

A súa música electroacústica está presente en varios cedés (Sonic Circuits IV, Discontact III, Exploratory Music from Portugal, ARiADA, Miso Records), e actualmente está realizando un doble CD con música electroacúsitica e improvisada co Trío Faint para Creative Sound Recordings. Pedro Rebelo dirixe investigacións dentro do campo da "media dixital", son interactivo e tecnoloxías de composición e interpretación. As súas publicacións reflexan a súa actitude perante o deseño e a composición, articulando a práctica creativa con un entendemento abrangente da teoría cultural.

Doutorouse pola Universidade de Edimburgo, con a tese "Composición Musical e Arquitectura Virtual" sobre a orientación de Peter Nelson e Richard Coyne. É actualmente profesor e investigador no Sonic Arts Research Centre, na Queen's University em Belfast.



Pablo Coello. Vigo

Finalizados os seus estudios nos conservatorios de Vigo e Santiago de Compostela, participa durante tres anos nos Seminarios de Saxofón impartidos por Andrés Gomis. Continúa  coa súa formación musical no Conservatorio Nacional da Rexión de Burdeos (Francia) con Marie Bernadette Charrier e Jean Marie Londeix, especializándose ademáis na interpretación de música contemporánea.
Ten realizado numerosos concertos con diferentes agrupacións de cámara ou como solista, e na actualidade é membro de Ensemble fonos21, do cuarteto de saxofóns S@X21, do conxunto internacional Ensemble Atmosphère e actúa co artista sonoro portugués Paulo Raposo e o compositor e artista dixital Pedro Rebelo, realizando concertos en España, Francia, Italia e Portugal e participando en diferentes congresos e festivais. Ten colaborado coas agrupacións Nuevo Contemporáneo, Sigma Project, coa  Real Filharmonía de Galicia e o fai asiduamente en performances co artista Gonzalo Pérez del Castillo. Con Ensemble Atmosphère  ten publicado un CD con obras de Xenakis, Nodaïra, Rossé e Hoffman.

Organiza diferentes actividades en torno á creación e interpretación da música contemporánea, apostando polas novas creacións de compositores galegos e internacionais: Fernando Buíde, Jesús González, Xabier Mariño, Antón Pulido, Gabriel Erkoreka, David del Puerto, Pedro Rebelo, Luca Mosca, Christophe Havel, Kevin Mayo, Eckart Beinke, José Luís Campana.

Na actualidade é profesor no CSM de A Coruña.

2007

SANTIAGO DE COMPOSTELA
Salón Teatro
14 de Febreiro, 20:30h
                      
                     pablo coello saxofóns + pedro rebelo electrónica

2005

pablo coello + paulo raposo

f  r  a  g  m  e  n  t  o  s

Solo saxofón alto Mauricio Sotelo
Link saxofón alto e electrónica Gary Berger
Yidaki* saxofón barítono Gabriel Erkoreka
Oscillation saxofón soprano, electrónica e imaxen 3D Peter Nelson
Mâts saxofón barítono, electrónica e video Gary Berger
Fragmentos* saxofón soprano e electrónica Pedro Rebelo

VACÍO, Misterioso Amanecer video-instalacións Gonzalo P. del Castillo, Raquel Rodríguez


        * Estrea       
inicio
repertorio